jueves, 23 de enero de 2020

miércoles, 22 de enero de 2020

O QUE HAI QUE SABER EN LINGUAS NESTE SEGUNDO TRIMESTRE.

O xénero e número nos nomes.
Nomes individuais e colectivos.
A sílaba tónica dunha palabra.
O sentido literal e figurado dunha oración.
Coñecer os artigos.
Palabras con g e gu. Palabras con b e v. Palabras con mp e mb. Palabras con x.
As onomatopeas
As frases feitas.
Os adxectivos. Recoñecelos.
A comparación.
As palabras agudas.
Os aumentativos e os diminutivos.
Os demostrativos. Localizalos. Saber cales son.

Xa vedes que o nivel de esixencia aumenta. Estos contidos está sacados do libro de Lingua. Podedes repasalos cando queirades. Repetir algúns exercicios, atopar outros parecidos,... 


lunes, 20 de enero de 2020

LO QUE ENTRA EN MATES. ESTÁNDARES.

Le, escribe e ordena números ata o 999.
Realiza series ascendentes e descendentes.
Descompón e compón números naturais.
Identifica pares e impares.
Realiza cálculos  de suma e resta na resolución de problemas.
Coñece e utiliza o quilómetro, o metro e o centímetro como unidades de medida de lonxitude.
Coñece e utliza o quilo, medio quilo e o cuarto quilo como unidades de medida de peso.
Coñece e utiliza o litro, medio litro e cuarto litro como unidades de medida de capacidade.
Resolve problemas sinxelos de medida.
Utiliza os números ordinais en contextos reais.
Identifica o valor de posición das cifras en situacións e contextos reais.
Coñece os diferentes tipos de polígonos en obxectos do entorno inmediato.

Destacados os que teñen unha importancia maior.

CIENCIAS NATURAIS

Neste trimestre estudaremos os animais. Haberá que saber as características principais dos vertebrados: mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes. E dalgúns invertebrados. En breve poñeremos post do máis importante dalgunhas asignaturas/áreas. 

LUNES

Actualización de la Lista Verde
Hoy lunes ya hicimos algun@s, nuestra primera oración a boli. Con las palabras: camping, compañer@ y bellota. También repasamos palabras que llevan H y una sopa de letras. Por último hablamos en la asamblea de: regalos, carreras, casa de amigos, abuel@s, películas,... Por cierto os recomiendo la película de animación Klaus. Divertidísima, emotiva, original, hecha aquí,... y nominada a los Óscar... Vamos un peliculón.

viernes, 17 de enero de 2020

XA PASAMOS A BOLI!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


A partir do luns moitos dos nenos e nenas da clase xa pasaremos a boli. As nosas libretas xa se parecen moito ás libretas de alumnos de cursos máis altos, polo que se merecen pasar a un nivel superior de responsabilidade. Eso si, só poderán escribir con boli azul. De momento. Nin Tippex, nin suliñadores,... Se se equivocan terán que tachar (cunha raia nada máis. Non con tachóns) o número ou a palabra e volvela a escribir. Por se queredes practicar en casa. El@s xa saben quen pode pasar a boli, non poño a lista no blog. Ánimo que hai algúns que poden facelo nas próximas datas. Se melloran un chisco a orde e limpiza nos traballos. 

78.000 VISITAZAS. GRACIÑAS!!!!!!!!!!

jueves, 16 de enero de 2020

MÁIS COUSIÑAS

Elba foi a bibliotecaria tomando nota dos libros que levabamos da aula.
Daniela escribiu cunha letra inmellorable unhas 33 pautas, falando da súa familia. Bravo!!!
Traballando en parellas...