Ola familias...neste día tan peculiar!!! Comezamos o día vendo o vídeo de David Pintor onde nos explicaba os retos...
Fúchedes traendo as listas de animais para atopar os que non están no libro. Xa temos un bo feixe deles.
@s que a trouxeron lérona.
Copiamos os animais que pensabamos que non estaban no libro. Despois fomos ao pavillón a facer a PCR. PORTÁRONSE SUPERBEN. MOI VALENTES. Noraboa!!!! Houbo un pequeno premio en forma de pegatinas...
Lista de Mencía. Excelente orde!!!
Mañán cotexamos có libro e comezaremos a facer historias para que David Pintor nos faga a ilustración.
Leire nos trouxo unha receita de Berenjepizza!!! Tomade nota!!! Tamén a copiaremos. Despois do recreo e de lectura (hoxe lin con tod@s) e nótase a melloría de moit@s. Supernoraboa!!)
En Lingua fixemos na libreta unha pirámide alimenticia e comezamos a enchela.