lunes, 4 de octubre de 2021

LUNS

 Comezamos o día con mates. Fixemos Quinzet no caderno con números grandes. En vez de ter 4 árbores á esquerda e 5 á dereita e calcular cántos hai... Dígolles 45 á esquerda e 53 á dereita. Por exemplo. Pero o procedemento é o mesmo que antes. Por se queredes practicar en casa. Despois practicamos có ábaco con centenas. Xa que moitos mercárades un ano pasado... a sacarlle partido. Tamén practicamos o valor das moedas e billetes. Ordeámolos de maior a menor e calcularon varias sumas e a volta dun problema que lles plantexei. MOI IMPORTANTE PRACTICAR NO SÚPER, EN CASA,... Tamén collemos unha páxina do libriño. 

En lingua fixemos asamblea. Falaron: Carmen S., Hugo S. Mateo B. e Carmen P. Bailamos a canción de Pablo Díaz Ecoloxista e traballamos no libro. A próxima canción que practicaremos en galego é Samaín de Uxía Lambona para ir quecendo para esta festa tan divertida. Terán que inventar os xestos, claro... 

En Ciencias repasamos os ósos, articulacións e músculos cun exercicio e comentamos o próximo experimento coa auga salgada. A ver se se lembran de cal é

En Lengua fixemos asamblea e falaron: Mencía, Noa, Teo, Ada e Lía. 

Mañán máis. Imaxino que con fotos... :-)

2 comentarios:

  1. Hola, soy Antón. Te mando un saludo muy grande para ti y todos mis compañeros. Estoy aprendiendo mucho de volcanes y mañana voy a ver una cueva. Ya os llevaré fotos. Os echo mucho de menos y voy a montar en un dromedario.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué bien Antón. Pues ya nos enseñarás... Pásalo muy bien y disfruta mucho.

      Eliminar