lunes, 29 de noviembre de 2021

LUNS


Comezou o día con Mates. Problemas para poñer o plantexamento e resolver, do libro novo que publiquei nun post anterior. Repasamos as sumas e restas levando. Leire que foi profe púxonas algunhas.  Aínda hai facelo máis e fixemos algo do libriño

Tamén practicamos as horas e dous problemas relacionados con elas. Podedes practicar o de: unha hora cantos minutos son? E media? E un cuarto?? 
En Lingua fixemos a asamblea. Algo falaron tod@s en galego. Bravo!!! Despois continuamos coa carta/concurso aos Reis do Concello. E comezamos a aprender unha panxoliña que lle poñeremos os xestos... A ver que tal queda!!! Tamén comezamos o tema 4. 
Despois do recreo houbo lectura e informática. Na páxina de mundoprimaria. Lengua. Vocabulario. Segundo de primaria. Hai actividades para practicar os aumentativos, diminutivos, sinónimos, antónimos...


En Ciencias Naturais repasamos o valor nutricional dun alimento e continuamos na fabricación da pirámide alimenticia. 
Hoxe houbo tres protagonistas/USB. Camila có seu calendario de adviento. Xenial!!! Mateo B. có vídeo e foto do seu gatiño e Mateo F. có seu experimento do volcán. Graciñas. 

Comenzamos a decorar a clase. Cós materias que tiñamos máis outros novos. Graciñas familias. Quen queira traer algo... 




 P.D. Hoxe escoitamos en clase a canción de Rozalén mentras debuxabamos e algúns por primeira  vez repararon na letra e carai... Cambioulles a cara!!! É moi dura. Quedáranse có retrouso e penso que agora xa a escoitarán con outros oídos. Mañán falaremos do que aprenderon dela... Sempre é 25N. 

6 comentarios:

  1. Camila non para de escoitar a canción de Rozalen e contounos a historia tal cuál, creo deben saber a realidade sin adornos, ainda que sexa duro, se concienciaran mais 💪🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estos días estamos a falar de moitos temas... E si son moito máis maduros do que pensamos. E danse conta de tantooo....

      Eliminar
  2. Camila últimamente nos di que saquemos fotos para meter no usb e levalo a clase ☺️, antes daballe mais vergonza levalo pero xa o está superando ☺️

    ResponderEliminar
  3. Dani no para de escuchar la canción, en casa ya nos la sabemos todos de memoria, con los gestos que aprendieron en música. 😍

    ResponderEliminar