martes, 14 de diciembre de 2021

MARTES

Hoxe comenzamos o día repasando a norma ortográfica do C e do Qu. Incluíndo un ditado. Podedes repasar estos días que o venres hai unha pequena proba. Tamén dimos o que son os antónimos e vimos exemplos. Practicamos no libro. Por último bailamos a canción do Nadal do xabarín. 
Despois do recreo houbo Ciencias Sociais. Aínda tiñamos pendente facer un experimento: O Cataventos. En equipo sempre sae mellor. E é máis divertido. 








Moi ben rapaces!!! 
En Mate fixemos unha proba dunha proba. Ahí están os exercicios por se a queredes facer na casa. Tamén estos días faremos un pequeno exame/resumo do trimestre. Mandarei Abalar. 
 Xa temos máis pirámides que mañá expoñerán e comezaremos con robótica alimentaria... Vamos a ver se lles queda... !!! 
Graciñas Araceli pola axuda!!! 
Mañá vai ser un día intenso: Receitas, contos do Minimalario, robótica, rematar libriño de mate... A ver se sae todo segundo o previsto!!!


 

3 comentarios:

  1. Seguro que sí que sois muy aplicados!! Nosotros mañana os seguiremos desde casa :)

    ResponderEliminar