lunes, 10 de enero de 2022

TRIMESTRE NOVO E MOITOS CAMBIOS

O primeiro de todo foi saudarnos, por suposto e de seguido xa nos puxemos nos novos sitios! Para todo este trimestre! Haberá novos retos para uns e para outras, estar sentado ao lado de tal ou cal... E permanecer atent@... Seguro que superan a proba!!!
Fixemos dúas asambleas y aínda quedou algunha ser falar. Mañá terán outra oportunidade. Buuuuuuuuuuuuffff falamos de tantas cousas: Reis, Papá Noel, que se escoitaron a un ou a os outros... Que se levantou pola noite a facer pis pero sen facer ruido por se os vía... Regalos, pelis, avós, ceas,...
Teo foi o primeiro profe do ano e nos puxo unha simetría. Esta semana tod@s estarán a proba porque a semana que ven algúns poderán pasar xa a boli. Terei que ver a orde e presentación nestes primeiros días de xaneiro para comprobar a evolución... Despois púxenlles unha suma e un resta levando para ver como viñan e só 6 alumn@s fixeron as dúas operacións ben... Así que xa tendes a primeira tarefa do trimestre. Repasar sumas e restas. O erro máis frecuente: Na resta levando, cando o número de arriba era máis pequeno que o  de abaixo non lle puxeron un 1 para "axudalo" e restaron como se fose sen levar.

Houbo tamén moito tempo para xogar en parellas... Hoxe tiveron bastante éxito os puzzles...


 Mañá comezaremos xa cós libros e libretas collendo ritmo aos poucos... Neste trimestre estudaremos animais e prantas: Tamén aproveitaremos a robótica para achegarnos a eles, os xogos de pistas, máis descripcións, Minimalarios, Faremos máis concursos de chistes, estudaremos os aumentativos e diminutivos, os nomes individuais e colectivos, onomatopeas, as noticias e faremos de reporteiros, faremos concursos,... Moito de moito!!!!!!!!! Que saiban falar en público e escoitar. Que continúen a mellorar a velocidade e comprensión lectora,... Continuaremos avanzando en mates cara o 999: escribindo con letra os números, descompoñendo, compoñendo, ordeando, sumando, restando, aproximarnos ao concepto da multiplicación (non as táboas) moitas veces para que o teñan claro,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario