martes, 22 de marzo de 2022

MARTES

Hoxe martes comezamos con Lingua repasando as fotos que fixen da excursión de onte. Gustoulles moito. 
Despois pregunteilles que foi o mellor da mesma. O escondite pilla e a plantación das leitugas foron as opcións favoritas. Hai dúas cousas en que melloraron moito: Escribir en galego e comezar a resposta coa pregunta. Que foi o mellor da excursión? O mellor da excursión foi... 
Tamén fixemos Asamblea e falaron moi ben en galego. 
Despois do recreo ordeamos o sobre de plástico. Nel só pode haber o esquema do tema das plantas e o novo caderno de matemáticas. 
Vimos un vídeo de como unha flor se convirte nun froito e repasamos algúns contidos do esquema. 
En Mates comezamos o novo caderno. Son problemas de 2° de primaria. Fixemos as dúas primeiras páxinas e o nivel subiu bastante con respecto a uns meses atrás. 


Antón foi profe nos puxo uns números para escribir con letra. Hai que seguir repasando tamén en casa: os números sempre con v, os vinte... xuntos, os trinta, corenta... separados... E ordear de menor a maior algúns números. Tamén hai que repasar os signos de <  > . Como lles digo eu: A boca mira para o maior. 


 

2 comentarios:

  1. A Camila o que mais lle gustou da excursión foi a leituga que a rega todos os días e xa di que medrou moitiiisimo ☺️, e tamen falou do Loureiro romano

    ResponderEliminar