miércoles, 27 de abril de 2022

MÉRCORES

Hoxe empezamos  cós deberes que traían para hoxe. Case tod@s fixeron o seu traballo. Noraboa!!! Dixeron a súa palabra en galego e saíu como gañadora: AGASALLO e como opción B: CADELIÑA. Con esta palabra poida que teñen un agasallo .... O Día das Letras... Dixeron as cancións que estaban relacionadas coa temática de maio e continuamos có libro. Tamén repasamos a canción do Rock da roda rota de Pakolas, inventando algún xesto novo para gravar e ensinarlle a todo o cole a canción. 
En Mates Camila foi profe. Púxonos unha simetría . Antes xa fixéramos un problema e unhas series. HAY QUE PRACTICAR AS SERIES DE IR SUMANDO 20, 25 OU RESTANDO 10, 20...


Despois fixemos eses cadrados para poñer o número anterior, posterior,...

No patio limparon que hai nen@s que non o conservan como debería. Non o noso curso... Somos ben limpiños!!!



Mateo pasou lista con algo de axuda... Graciñas.
E puxemos ao lado da biblioteca escolar as fichas dos libros finalistas que escollimos. 

Dani, Lía e Teo pasaron a limpo o que xa fixeramo antes. 
En Ciencias Naturais continuamos có esquema. Definimos: Materia, son... Está no esquema que debería estar no sobre de plástico. Fixemos máis experimentos... 
En Ciencias Sociais continuaron có libro. 



Camila, Carmen e Dani puxeron as fichas no seu lugar reservado. 



 

2 comentarios: