jueves, 12 de marzo de 2020

OLA FAMILIAS!

Ola familias!
Pois xa sabedes as novidades. A partir do luns non temos clase pero a Consellería recomeda que os rapaces xa non veñan mañá ao centro escolar. Trataremos que estos días teñades á vosa disposición actividades, enlaces de interese, imaxes ilustrativas, tarefas, resolver dúbidas,... para que os nenos e nenas que queiran/poidan teñan unha continuidade do traballo da escola. Todo o que fagades na casa terá unha valoración positiva, nunca negativa e será totalemte opcional. Pásadelle o aviso aos pais e nais de segundo A e B para que visiten o blogue a cotío. Será máis importante que nunca as vosas visitas e participación. Pero xa temos moito camiño andado. Moit@s de vós xa o facedes, así que vamos seguir traballando xuntos para superar esta pequena crise con éxito. 
Saúdos, bicos e grazas por adiantado. 

NON TEMOS CLASE DENDE O LUNS


https://www.google.com/amp/s/www.elidealgallego.com/articulo/galicia/xunta-suspende-clases-lunes/20200312131105431036.amp.html

martes, 10 de marzo de 2020

lunes, 9 de marzo de 2020

TAMÉN ESTA SEMANA TEREMOS UNHA PROBA DE LINGUA GALEGA. 2ºA E 2ºB

SÍLABA TÓNICA
PALABRAS CON B E V
XÉNERO E NÚMERO
MASCULINO E FEMININO
CHISTES. ESCRIBIR UN.


PODEN LEVAR O LIBRO PARA REPASAR.

LEMBRADE QUE MAÑÁN TEMOS AS FOTOS DE GRUPO DE 2ºA E 2ºB.

EDUCACIÓN VIARIA

O pasado xoves tivemos unha a


ctividad teórico práctica de educación viaria. Coñecimos algúns sinais de tráfico e como temos que actuar cando non somos peatóns.

A IMAXE DO DÍA


miércoles, 4 de marzo de 2020

martes, 3 de marzo de 2020

QUE FACEMOS ÚLTIMAMENTE EN VALORES?

Estamos tocando o tema da empatía, emocións, coñecemento do nós mesmos,... Mediación. En clase temos varios encargados diarios pero hai un espazo de momento sempre en branco. O de Mediador/a. Mediar en conflictos/problemas é algo moi importante e serio. Onte viñeron os de 6º de primaria para decirnos que no cole van a facer este servizo para quen queira. Será voluntario e confidencial. Nós de xeito máis sinxelo tamén faremos tarefas de mediador@s. Cando esteamos preparados. Posiblemente a partir do terceiro trimestre.