jueves, 12 de marzo de 2020

OLA FAMILIAS!

Ola familias!
Pois xa sabedes as novidades. A partir do luns non temos clase pero a Consellería recomeda que os rapaces xa non veñan mañá ao centro escolar. Trataremos que estos días teñades á vosa disposición actividades, enlaces de interese, imaxes ilustrativas, tarefas, resolver dúbidas,... para que os nenos e nenas que queiran/poidan teñan unha continuidade do traballo da escola. Todo o que fagades na casa terá unha valoración positiva, nunca negativa e será totalemte opcional. Pásadelle o aviso aos pais e nais de segundo A e B para que visiten o blogue a cotío. Será máis importante que nunca as vosas visitas e participación. Pero xa temos moito camiño andado. Moit@s de vós xa o facedes, así que vamos seguir traballando xuntos para superar esta pequena crise con éxito. 
Saúdos, bicos e grazas por adiantado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario