Hoxe comezamos cun ditado... E xa estivemos TOD@S despois de dous meses e medio. Aplaudimos e todo!
Comezamos o tema 7 do libro. Limos a lectura inicial de xeito compartido. O cole xa se está a poñer de Entroido!!!!!!!!!!!!!
Máis tarde fomos ao museo dos Oleiros en Santa Cruz. Coñecimos moitos usos que se lle pode dar a arxila.
Cuncas, vasos, pratos,...
Xerras,
Outros que axudaban a barbear coma o de Don Quijote... Éste era de metal... Que axudaban a dar a luz... Foto superior...
As famosas tellas, ladrillos e cabezas de bonecas que saíron da telleira de Mera...
Tartarugas como algunha que fixemos en clase...
Ata unha gaiola para grilos...
Despois Dani foi profe e nos puxo tres exercicios. Antes fixemos dous problemas.
En Ciencias Sociais rematamos o tema da paisaxe. Repasamos o esquema e fixemos as actividades de repaso.
Un bo día de bo comportamento!!!
Si se portan así de bien, seguro que salen más veces!!
ResponderEliminarSegurísimo!!!
ResponderEliminarMenuda maña completa: excursión, clase… vos da tempo pa todo ☺️
ResponderEliminarSíiiiiiiiiiiiii. Asi da gusto!!!! En pouco máis.
Eliminar