martes, 1 de febrero de 2022

MARTES

Ola familias! Estamos a organizar unha campaña de recollida de comida, mantas e xoguetes para mascotas. Temos ata o 11 de febreiro para colaborar!!!!!!!!!!! Mil graciñas!!!!! 
Grazas Marcos e familia!!!!!!!!!!!!!!!!
En Lingua pregunteilles que farían se lles tocase a lotaría.... Responderon por escrito: repartilo coa familia e mercar un Ferrari foron as respostas máis repetidas. 
Xa anda circulando o Xornal da Paz do Luis Seoane. Buscádeo por algunha tenda da contorna... Ahí está a nosa páxina adicada ao Medio Ambiente. 

 

No recreo houbo cambio de zona. Zona 2: rocódromo, Lego, pista de fútbol, escoitamos a música da zona 1 e podemos bailar, buscamos vermes, como non???, 





Pizarra,...

Despois de lectura fixemos un concurso por equipos de animais. Tiñan que pulsar quen primeiro soubese a resposta... non antes de que dixera: XA!!! Houbo moita emoción ata o final!!! Mañán máis!!!!


En Mate Mateo F. foi profe pero antes repasamos problemas, anterior e posterior, composición de números, escribir con letra,... Puxo unha simetría que se parecía a un moucho/morcego...





2 comentarios: