viernes, 6 de mayo de 2022

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Hoxe comezamos o día facendo un traballiño en equipo sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán.  
Puxemos os nomes e os apelidos con letras dobres para poñer no corredor. 

Cando algúns se puxeron a traballar os catro o resultado viuse rápido e ven feito. 


E houbo moitos momentos en que a máquina engraxouse como debe. Catro mentes pensantes e catro mans para avanzar...

Despois vimos un vídeo sorpresa dos pais de Dani que lle fixeron polo seu aniversario. 
Fixemos a proba de Lengua. Ahí a tedes por se a queredes comentar en casa.


 Tamén fixemos uns retratos de Florencio que tamén poñeremos no corredor. Saíron moi xeitosos. Para a próxima semana faremos un BUSCAPISTAS sobre este autor para que lles queden catro pinceladas sobre a súa vida. El@s aínda non o saben... E como lles gusta tanto... 
Mañá escribiremos parte da súa biografía para que a aprendan e lles poida saír ben o xogo...

miércoles, 4 de mayo de 2022

MÉRCORES

Hoxe comezamos o día facendo o exame de Lingua. Como estamos tan xustos agora separeinos por se había tentacións.  
Despois gravamos uns vídeos curtos para ensinarlles ao resto do cole a coreo de Pakolas. 

Ahí o tendes. Por se o queredes repasar con el@s.
Como fixeron todo esto tan ben, en Mates saímos ao patio a xogar ao Bingo. E de paso repasamos a escritura de xeito oral de varios números que ían saíndo, o anterior, de que decena está máis próximo... 

Leire como profe quixo ser a que dicía os números. Nico fixo liña e Teo Bingo. Elexiron como premio ser profes os días vindeiros. 



Despois do recreo en Ciencias Naturais seguimos có experimento do son e os asubíos. Vimos vídeo en internet, e intentamos que contasen os papeis coa forza do son. Hoxe saíu mellor... Lía, Leire, Marcos... 

En Ciencias Sociais o novo grupo 1 foi á horta e o grupo 2 seguimos có tema 5. Os medios de comunicación de masas... E a publicidade. Que ben nos veu as preguntas da semana pasada e os vídeos da Ratitas. 
Non todo o que vemos é certo ou polo menos, non de todo!!!!
En Lingua continuamos có tema. A letra R. Cando se escribe có r simple ou dobre. 
E para rematar... Como deixaron o armario!!! Hai que dicir o bo e o malo... Por orde na túa vida!!! 

 

martes, 3 de mayo de 2022

MARTES. NOVOS SITIOS

Hoxe repasamos os pronomes persoais cuns tarriños que había que encher. De pronomes axeitados 






Despois continuamos coa libreta e unha pregunta...  Con que compañeir@ che gustaría estar en terceiro???
Tamén seguimos có libro avanzando no tema 10. 

Hai un montón de roupa sen don@ en obxectos perdidos. Por se identificades algunha prenda...
Despois do recreo fixemos o noso primeiro experimento có son. O asubío de Marcos foi quen de mover os papeis que estaban enriba dun vaso coas ondas que incidiron no filme transparente. 
En Mates dinlles o exame correxido. Saíu bastante ben. Fixemos problemas e un exercicio onde vimos probabilidade: suceso seguro, pouco probable, moi probable e imposible... Houbo tamén exemplos prácticos. Mencía nos puxo números para escribir con letra. 
En Ciencias Sociais continuamos có tema 5. Os medios de comunicación individuais e de masas... 

 

lunes, 2 de mayo de 2022

LUNS

Hoy comenzamos con mates y el libro digital. Repasamos el concepto de litro, medio litro y cuarto de litro. Se puede REFORZAR EN CASA porque aún no está consolidado este contenido. Después hicimos dos problemas del cuadernillo... ¡Ojo a los datos trampa! A veces no todos los datos son necesarios para resolver el problema. Una buena comprensión lectora es fundamental.
Dani nos puso como profe dos relojes. hacía días que no puníamos ninguno y se nota. Relojes análogicos y digitales.... Otro contenido a REPASAR.


En Lingua fixemos o vídeo para ensinarlle a todo o cole a coreografía de Pakolas: o rock da roda rota. Sailles moi BEN.... Tamén avanzamos no libro e xa estamos a rematar o tema 10. Faltariamos dous para rematar o curso.
Hoxe Carmen S. lembrouse de que tiñamos informática e fomos (díxenlles que cando se lembrasen volveriamos e así foi). Estreamos dúas páxinas que poden estar moi ben para practicar mates, memoria, atención, lengua, ciencias,...
https://www.cokitos.com/
https://arbolabc.com/
Xogamos cun mémory de multiplicación, a sumas, a Simon dice,...


E tamén nos deu tempo a facer colocar unhas figuras/corpos xeométricos na páxina que xa estiveramos:
 
 
En Valores seguimos a ver algún fragmento da peli Encanto que tanto nos gusta e seguir sacando conclusións para o nosa vida cotiá.

 Así estamos colocados. Xa podemos estar xuntos!!!!!!!!!! Mañá vos poñerei fotos del@s para que vos fagades unha mellor idea. Temos mooooooito máis espazo para diferentes recunchos ou actividades.