martes, 3 de mayo de 2022

MARTES. NOVOS SITIOS

Hoxe repasamos os pronomes persoais cuns tarriños que había que encher. De pronomes axeitados 






Despois continuamos coa libreta e unha pregunta...  Con que compañeir@ che gustaría estar en terceiro???
Tamén seguimos có libro avanzando no tema 10. 

Hai un montón de roupa sen don@ en obxectos perdidos. Por se identificades algunha prenda...
Despois do recreo fixemos o noso primeiro experimento có son. O asubío de Marcos foi quen de mover os papeis que estaban enriba dun vaso coas ondas que incidiron no filme transparente. 
En Mates dinlles o exame correxido. Saíu bastante ben. Fixemos problemas e un exercicio onde vimos probabilidade: suceso seguro, pouco probable, moi probable e imposible... Houbo tamén exemplos prácticos. Mencía nos puxo números para escribir con letra. 
En Ciencias Sociais continuamos có tema 5. Os medios de comunicación individuais e de masas... 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario