miércoles, 4 de mayo de 2022

MÉRCORES

Hoxe comezamos o día facendo o exame de Lingua. Como estamos tan xustos agora separeinos por se había tentacións.  
Despois gravamos uns vídeos curtos para ensinarlles ao resto do cole a coreo de Pakolas. 

Ahí o tendes. Por se o queredes repasar con el@s.
Como fixeron todo esto tan ben, en Mates saímos ao patio a xogar ao Bingo. E de paso repasamos a escritura de xeito oral de varios números que ían saíndo, o anterior, de que decena está máis próximo... 

Leire como profe quixo ser a que dicía os números. Nico fixo liña e Teo Bingo. Elexiron como premio ser profes os días vindeiros. 



Despois do recreo en Ciencias Naturais seguimos có experimento do son e os asubíos. Vimos vídeo en internet, e intentamos que contasen os papeis coa forza do son. Hoxe saíu mellor... Lía, Leire, Marcos... 

En Ciencias Sociais o novo grupo 1 foi á horta e o grupo 2 seguimos có tema 5. Os medios de comunicación de masas... E a publicidade. Que ben nos veu as preguntas da semana pasada e os vídeos da Ratitas. 
Non todo o que vemos é certo ou polo menos, non de todo!!!!
En Lingua continuamos có tema. A letra R. Cando se escribe có r simple ou dobre. 
E para rematar... Como deixaron o armario!!! Hai que dicir o bo e o malo... Por orde na túa vida!!! 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario