martes, 9 de junio de 2020

 Bo día, amigolxs!!
Neste enlace atopamos un exercicio para completar palabras cos grupos"güe" e "güi".Recorda que a diéreseserve para pronunciar a letra "u" cando vai despois da "g".
http://es.tiching.com/link/687237

 E este poema de agasallo para este martes, para que o leades a modiño , que case parece unha canción:

Cando chove
         e non me mollo,
¿é que chove
        ou que non chove?
Choven choven
        catro pingas.
Choven choven
        oito ou nove,
unhas pingas
que recollo.
Chove chove
        non me mollo.
Uns que baixan
        outros soben.
        Desazete,
                vinte e nove,
        poño verbas
        a remollo.
Non me colles.
Non te collo.
Chove chove
        e non me mollo.
                                 Antonio García Teijeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario