Bo día , amigolos!!
Un poema de Rosalía de Castro para que leades cousa bonita.
Está escrito tal e como ela o pensou , e veredes que algunhas palabra non se utilizan actualmente.
Vente, rapasa
-Vente, rapasa,vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.
¡Qué augua tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é o primor, criatura.
Válganos Dios,
que si auguiña n'houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.
Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpóis os peíños.
ai, ¡qué miniña!
¡Qué nena preciosa!
Dempois de lavada
parese unha rosa.
I este miniño
que teño no colo,
dempóis de lavado
parece un repolo.
1.Averigua quen era Rosalía de Castro.
2.Suliña as palabras que non se usan agora.
3.Explica que é do que se fala no poema.
E máis sobre Rosalía de Castro neste video tan chulo:
https://www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario