jueves, 10 de octubre de 2019

COUSIÑAS

Xa estamos en outono!!!!!!!!!!!!!! Fixemos unha árbore coas cores de outono. Laranxa, vermello, amarelo, marrón e verde. De paso repasamos como se misturan as cores para conseguir outras. Aprendimos/repasamos foitos/as típicas destas datas. 
O equipo de Xogos fai unha labor encomiable. Nos recreos dinamizan unha morea de actividades. Da gusto ver como as nenas estaban a xogar ao xadrez.

En Linguas facemos un xogo que serve para mellorar na práctica da definición. Pido voluntari@s. Escríbolle unha palabra nuha pizarra e ten que definir/dar pistas para que os demais a adiviñen. Podedes facer algo parecido en casa. ESTÁ PROHIBIDO decir a palabra COSA.

Seguimos aumentando a lista de palabras con H. Preguntade en casa cantas temos... Seguro que esforzándose un pouco lle saen moitíiiiiiiiisimas!!!!!!!!!!!
Estos días na libreta grande estamos a debuxar moito. Escribimos OUTONO e comidas típicas. Debuxamos un insecto e estudamos as súas partes. O ciclo da auga mesmo... Da moito xogo. Algunha nena quere levala á casa para amosala. Se queredes que os vosos fillos a leven non hai problema. Mentres a traian ao día seguinte.


A biblioteca de aula cando está ordenada é unha marabilla. Creo que foi Noa a que a deixou así. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario