viernes, 31 de enero de 2020

IDE REPASANDO OS VERTEBRADOS E OS SEUS CINCO GRUPOS QUE EN POUCO TEMPO TEREMOS UNHA PEQUENA PROBA

ÁS VECES TAMÉN TEMOS MOMENTOS DE XOGO

Serve para interactuar entre nós doutro xeito. Planificar, respectar quendas, falar e poñerse de acordo,... Cada un/unha escolle o que lle apetece.


XA ESTÁ A MEDRAR OUTRA ÁRBORE. TEMOS TRES

BO TRABALLO! DO EQUIPO ECOLÓXICO

lunes, 27 de enero de 2020

RESTAS LLEVANDO

En este video os mostramos como realizamos las restas llevando por si queréis practicar un poco en casa.



XA TEMOS MINIÁRBORES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O EQUIPO ECOLÓXICO ESTÁ A FACER BEN O SEU TRABALLO!!! A VER SE SAEN MÁIS!!!!!!!!!!!!!!!!

LUNES

A primera hora repasamos palabras con H, con F y con G. Después escribimos una oración que llevara tres palabras de las listas que hicimos anteriormente y por último hicimos asamblea. Hablamos sobre todo de fiestas de pijamas y casa de amigas. Si tenemos un buen comportamiento  durante la mañana iremos más rápido, con lo que podremos continuar con la asamblea. Creo que aún quedan muchos asuntos interesantes que contar. 

jueves, 23 de enero de 2020

miércoles, 22 de enero de 2020

O QUE HAI QUE SABER EN LINGUAS NESTE SEGUNDO TRIMESTRE.

O xénero e número nos nomes.
Nomes individuais e colectivos.
A sílaba tónica dunha palabra.
O sentido literal e figurado dunha oración.
Coñecer os artigos.
Palabras con g e gu. Palabras con b e v. Palabras con mp e mb. Palabras con x.
As onomatopeas
As frases feitas.
Os adxectivos. Recoñecelos.
A comparación.
As palabras agudas.
Os aumentativos e os diminutivos.
Os demostrativos. Localizalos. Saber cales son.

Xa vedes que o nivel de esixencia aumenta. Estos contidos está sacados do libro de Lingua. Podedes repasalos cando queirades. Repetir algúns exercicios, atopar outros parecidos,... 


lunes, 20 de enero de 2020

LO QUE ENTRA EN MATES. ESTÁNDARES.

Le, escribe e ordena números ata o 999.
Realiza series ascendentes e descendentes.
Descompón e compón números naturais.
Identifica pares e impares.
Realiza cálculos  de suma e resta na resolución de problemas.
Coñece e utiliza o quilómetro, o metro e o centímetro como unidades de medida de lonxitude.
Coñece e utliza o quilo, medio quilo e o cuarto quilo como unidades de medida de peso.
Coñece e utiliza o litro, medio litro e cuarto litro como unidades de medida de capacidade.
Resolve problemas sinxelos de medida.
Utiliza os números ordinais en contextos reais.
Identifica o valor de posición das cifras en situacións e contextos reais.
Coñece os diferentes tipos de polígonos en obxectos do entorno inmediato.

Destacados os que teñen unha importancia maior.

CIENCIAS NATURAIS

Neste trimestre estudaremos os animais. Haberá que saber as características principais dos vertebrados: mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes. E dalgúns invertebrados. En breve poñeremos post do máis importante dalgunhas asignaturas/áreas. 

LUNES

Actualización de la Lista Verde
Hoy lunes ya hicimos algun@s, nuestra primera oración a boli. Con las palabras: camping, compañer@ y bellota. También repasamos palabras que llevan H y una sopa de letras. Por último hablamos en la asamblea de: regalos, carreras, casa de amigos, abuel@s, películas,... Por cierto os recomiendo la película de animación Klaus. Divertidísima, emotiva, original, hecha aquí,... y nominada a los Óscar... Vamos un peliculón.

viernes, 17 de enero de 2020

XA PASAMOS A BOLI!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


A partir do luns moitos dos nenos e nenas da clase xa pasaremos a boli. As nosas libretas xa se parecen moito ás libretas de alumnos de cursos máis altos, polo que se merecen pasar a un nivel superior de responsabilidade. Eso si, só poderán escribir con boli azul. De momento. Nin Tippex, nin suliñadores,... Se se equivocan terán que tachar (cunha raia nada máis. Non con tachóns) o número ou a palabra e volvela a escribir. Por se queredes practicar en casa. El@s xa saben quen pode pasar a boli, non poño a lista no blog. Ánimo que hai algúns que poden facelo nas próximas datas. Se melloran un chisco a orde e limpiza nos traballos. 

78.000 VISITAZAS. GRACIÑAS!!!!!!!!!!

jueves, 16 de enero de 2020

MÁIS COUSIÑAS

Elba foi a bibliotecaria tomando nota dos libros que levabamos da aula.
Daniela escribiu cunha letra inmellorable unhas 33 pautas, falando da súa familia. Bravo!!!
Traballando en parellas...

martes, 14 de enero de 2020

UNHA BOA NOVA

Comportamento xenial  en Educación Física. Noraboa!!!!

POR SI OS INTERESA... HABLANDO DE VACUNAS... DE CORUÑA...

http://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-isabel-zendal/4360520/


http://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-isabel-zendal/4348360/


El primer enlace es la historia y el segundo la canción. ¡¡¡Qué mejor forma de aprender cantando!!!





FERMOSA COINCIDENCIA

Na lectura que introduce o tema 1 de Lingua Galega fálase do descubrimento das vacinas. O texto comeza ensinándonos como era a medicina de hai moitos anos. E vaise achegando no tempo ata un dos descubrimentos médicos máis relevantes como son as vacinas.  Cítase a Edward Jenner e a Pasteur. Cóntanos como as vacas tiveron unha importancia crucial á hora de conseguir este fito. 
Noa hoxe leunos un traballiño sobre como a varíola foi erradicada do mundo grazas en moi boa parte a 22 nen@s que 1803 partiron do porto da Coruña coa vacina da varíola introducida no seu corpo. Os doutores Balmis e Posse Roybanes tiveron tamén moito que ver, enfrontándose ás mentes incrédulas daqueles tempos. E agora ven a coincidencia... Estou lendo Los niños de la viruela de María Solar. No libro cóntase de xeito moi entretido e ameno toda esta historia. Moi recomendable!!!!!!!!
Así que vos animo a que busquedes información sobre este feito ou outros similares e que a compartades con nós. Nunca se sabe quizais nun futuro próximo poida que haxa máis fermosas coincidencias. 

lunes, 13 de enero de 2020

LUNES

Hoy lunes comenzamos repasando las palabras con H. En la libreta escribimos una definición de un objeto que hay en clase. Cada alumn@ escoge uno y hace una definición. Si los demás lo acertamos es que está bien hecha. Para ser la primera vez, lo hicieron bastante bien. Y surgieron términos como: manillar, manilla, pomo, tirador,... diferencia entre ellos. Después hablamos en la asamblea de: encuentros entre niñ@s de clase, cocidos y filloas, Marruecos,... 

Al hacer una definición les digo que la primera pista que digan o escriban tiene que ser la categoría a la que pertenece: Es un mueble, deporte, prenda de vestir, medio de transporte,... Por si queréis practicar en casa. 

domingo, 12 de enero de 2020

A SEMANA PASADA...

Tivemos clase de danza. Practicamos o ritmo, a flexibiidade,... Poñerei máis fotos nuns días. E algún vídeo divertido. 

Xa comezamos a ler o primeiro libro que vos pedimos. Saiu moi ben a experiencia. Moi centrados en ler de xeito compartido, con ganas de participar e seguiron sen perderse a lectura dos compañeiros e compañeiras. Ademais de ler faremos actividades de comprensión, xogos relacionados coa lectura,...

Jakob acabou de ler a libreta viaxeira e nos deixou unha receita dun doce alemán. Aquí tendes a dirección por se queredes facela. Graciñas. Tamén trouxo o xogo de Simón. Está moi ben para traballar a atención e memoria. Dous procesos básicos que nos poden axudar a outros máis complexos como a lectura, escritura,... 

MÁIS FOTOS DO PREVIO DA FESTA