Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!
Esta é a última entrada deste curso. Hoxe traemos unha proposta
refrescante: “Chega o verán”. 
Ollo, esperade a que mellore un pouco o tempo!😅
Esperamos que gocedes con ela. 
Gustaríanos facer unha valoración global das actividades de Educación Física
e agradeceríamos que nos fixerades chegar a resposta a estas preguntas,
sendo 1 nada e 5 moito.  
A- As actividades foron adecuadas en función dos espazos dos que
dispós? 1  2  3  4  5
B- Resultáronche doadas as indicacións aportadas para a realización
das tarefas? 1  2  3  4  5
C- Resultáronche atractivas as actividades? 1  2  3  4  5
D- Precisaches axuda dun adulto para a preparación das tarefas? 1  2  3  4  5
E- Suxestións:
As vosas opinións son importantes para nós co fin de mellorar futuras propostas.
Podedes achegarnos as vosas respostas ao correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com Nesta ocasión non é preciso sinalar no asunto o nome e curso do alumnado.
Moitas grazas!

Unha aperta e feliz verán!

Lourdes e Edel.




viernes, 12 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

Ola!!!

Imos facer algunha actividade máis sobre as rochas e minerais. Teredes que investigar con que minerais fabrícanse algúns obxectos.🔍

Actividades

Veña, ánimo!!!

jueves, 11 de junio de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Olaaa!!!!

Hoxe actividades sobre as forzas 💪 Ollade o vídeo antes.

VÍDEO: tipos de forza

ACTIVIDADES

Veña, ánimo!!! 💪

miércoles, 10 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!
Hoxe é mércores e traemos a nova actividade de EF. Nesta ocasión, faremos un xogo de coordinación-imitación, “Pódesme seguir?”

Calquera dúbida e entrega de traballos, no correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com Por favor, recordade no asunto indicar o nome, curso e grupo para evitar confusións entre os profesores. 

A vindeira semana, imos necesitar uns globos para facer os xogos de fin de curso. Non esquezades facervos con eles.

Moitas grazas!

Unha aperta!





domingo, 7 de junio de 2020

viernes, 5 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día!
Estavos gustando o hóckey no corredor? Fixéchedes algún torneo?

Unha aperta!
Lourdes e Edel

CIENCIAS SOCIAIS

Olaaa!!!!

Hoxe actividades online para repasar os minerais e as rocas.
Cal é o mineral máis duro? Con que mineral se fabrica o vidro? Con que minerais farías un anel?...
Ollade os vídeos e logo facede as actividades online.

Vídeo: como se forman as rocas.

Vídeo: propiedades e usos dos minerais.

Actividade online: características e propiedades dos minerais

Actividade online: relacionar obxectos e minerais 

Veña, ánimo!!! 💪


jueves, 4 de junio de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Olaaa!!!

Ciencias Naturais, volvemos sobre as máquinas. Como xa sabedes, as máquinas poden ser perigosas, hoxe revisaremos algunhas das normas de seguridade que temos que ter en conta cada vez que as empregamos.
Ademais actividades online de repaso.

Actividades: normas de seguridade no manexo das máquinas.
Actividade online: máquinas simples (ferramentas) e máquinas compostas.
Actividade online: as máquinas e os tipos de enerxias

Veña, ánimo!!!

miércoles, 3 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día!
Hoxe é mércores e traemos a nova actividade de EF. Imos facer xogos alternativos; nesta ocasión, xogaremos ao “Hóckey no corredor”.

ACTIVIDADES

Calquera dúbida e entrega de traballos, no correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com Por favor, recordade no asunto indicar o nome, curso e grupo para evitar confusións entre os profesores. 

Moitas grazas!

Unha aperta!

domingo, 31 de mayo de 2020

viernes, 29 de mayo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día!
Como vades coa “Sete e media”, co circuíto con chapas e os xogos de palmas?
Estanvos gustando?

Unha aperta!
Lourdes e Edel



CIENCIAS SOCIAIS

Olaaa!!!

Seguimos repasando! Hoxe de novo, as paisaxes. Xa había tempo que non lles adicábamos un día de traballo.
Tedes as actividades no enlaces.

Actividades 
Actividade online: as paisaxes e as súas localidades.
Actividade online: as paisaxes

Veña, ánimo!!!

jueves, 28 de mayo de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Olaaaa!!!

Hoxe actividades sobre os materiais, recordades que os clasificábamos e tamén falábamos das súas propiedades? Imos repasar todo iso con novas tarefas.
Ademais imos repasar tamén os estados da materia: sólido, líquido e gasoso.
Ollade o video e logo facedes as actividades (se queredes tamén podedes ver os videos que vos deixei na entrada de Ciencias Naturais do día 14 deste mes  Video: materiais naturais e materias artificiaisVideo: propiedades da materia).


Video: estados da materia
Actividades
Actividade online: estados da materia

Veña, ánimo!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!
Hoxe é mércores e traemos novas actividades de EF. Seguimos con “Xogos tradicionais”; desta volta, xogaremos as “Sete e media”, faremos un circuíto con chapas e aprenderemos xogos de palmas.
ACTIVIDADES
Calquera dúbida e entrega de traballos, no correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com Por favor, recordade no asunto indicar o nome, curso e grupo para evitar confusións entre os profesores. Moitas grazas!

Unha aperta!
Lourdes e Edel

viernes, 22 de mayo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Ola!!!

Que tal vades cos xogos tradicionais? Xogáchedes xa a mariola ou cos zancos?
Mandade fotos coas vosas mariolas e os vosos zancos ao correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com
Xa vimos algunhas e están chulísimas.😍

Saúdos!

Lourdes e Edel.

jueves, 21 de mayo de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Olaaa!!!

Todos sabemos respirar, pero, facémolo ben?
A resposta é que non o facemos todo o ben que poderiamos. Resulta que non aproveitamos toda a capacidade dos nosos pulmóns e respiramos moi rápido.

Ademais das tarefas que vos deixo máis abaixo, propóñovos que todas as mañás ao levantarvos, fagades a seguinte actividade.
O xogo da serpe:

  1. Sentámonos coas costas ben rectas, poñemos as mans no abdome e pechamos os ollos.
  2. Collemos aire polo nariz durante 4 segundos (moi despaciño contade ata 4 mentalmente) e notamos como vai inchando o abdome.
  3. Despois deixamos sair o aire lentamente mentras facemos o son da serpe.
  4. Facémolo varias veces ata que sintamos que estamos ben relaxados.
Recordades que sempre vos dicimos o importante que é estar atentos e concentrados en moitas tarefas, pois con esta actividade conseguiredes mellorar a vosa capacidade de atención e concentración e ademáis estaredes máis relaxados. Xa me contaredes que tal vos foi.

E aquí as tarefas de hoxe:

Veña, ánimo!!!

miércoles, 20 de mayo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!
Moitas grazas por participar na muñeira, esperamos que vos gustase.
Hai moito talento!!!👏👏👏👏👏

Hoxe é mércores e traemos novas actividades de EF. Son dúas sesións de "Xogos tradicionais". Por unha banda, a mariola e por outra, os zancos.
Cambiamos o formato da presentación das tarefas para facelo máis atractivo e visual para as nenas e nenos. Xa nos contaredes se vos resulta máis sinxelo.
ACTIVIDADES
Calquera dúbida e entrega de traballos, no correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com
Por favor, recordade poñer no asunto o nome, curso e grupo do aumn@ para evitar confusións entre os profesores. Moitas grazas!

Unha aperta!
Lourdes e Edel.

domingo, 17 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Ola!
Estades a facer as propostas desta semana? Xa mandáchedes o video coa vosa muñeira? Recordade que hoxe é o último día. Veña, animádevos!!!

Por favor, no asunto do correo poñede sempre o nome, curso e grupo do alumn@.

Saúdos e grazas!

CIENCIAS SOCIAIS

Ola, ola!!!

Que vos parece se seguimos aprendendo cousas do noso concello?

No seguinte enlace coñeceredes e descubriredes diferentes paisaxes de Oleiros e os seus elementos naturais e humanos. Atoparedes a información para contestar as actividades que vos deixo máis abaixo. 🔍👀 Primeiro lede as preguntas que vos fago e despois ide buscando as respostas no enlace. Por suposto, podedes utilizar outras fontes de información.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/turismo/guia-practica/sobre-oleiros/identidade buscade a información nos diferentes apartados que hai na columna da esquerda. Intentade facelo vos solos, se tedes dificultades para encontrar algunha resposta podedes pedir que vos axuden.

Actividades

Veña, ánimo!