Comezou o día con Mates. Problemas para poñer o plantexamento e resolver, do libro novo que publiquei nun post anterior. Repasamos as sumas e restas levando. Leire que foi profe púxonas algunhas. Aínda hai facelo máis e fixemos algo do libriño
Tamén practicamos as horas e dous problemas relacionados con elas. Podedes practicar o de: unha hora cantos minutos son? E media? E un cuarto??
En Lingua fixemos a asamblea. Algo falaron tod@s en galego. Bravo!!! Despois continuamos coa carta/concurso aos Reis do Concello. E comezamos a aprender unha panxoliña que lle poñeremos os xestos... A ver que tal queda!!! Tamén comezamos o tema 4.
Despois do recreo houbo lectura e informática. Na páxina de mundoprimaria. Lengua. Vocabulario. Segundo de primaria. Hai actividades para practicar os aumentativos, diminutivos, sinónimos, antónimos...
En Ciencias Naturais repasamos o valor nutricional dun alimento e continuamos na fabricación da pirámide alimenticia.
Hoxe houbo tres protagonistas/USB. Camila có seu calendario de adviento. Xenial!!! Mateo B. có vídeo e foto do seu gatiño e Mateo F. có seu experimento do volcán. Graciñas.
Comenzamos a decorar a clase. Cós materias que tiñamos máis outros novos. Graciñas familias. Quen queira traer algo...
P.D. Hoxe escoitamos en clase a canción de Rozalén mentras debuxabamos e algúns por primeira vez repararon na letra e carai... Cambioulles a cara!!! É moi dura. Quedáranse có retrouso e penso que agora xa a escoitarán con outros oídos. Mañán falaremos do que aprenderon dela... Sempre é 25N.