martes, 14 de enero de 2020

FERMOSA COINCIDENCIA

Na lectura que introduce o tema 1 de Lingua Galega fálase do descubrimento das vacinas. O texto comeza ensinándonos como era a medicina de hai moitos anos. E vaise achegando no tempo ata un dos descubrimentos médicos máis relevantes como son as vacinas.  Cítase a Edward Jenner e a Pasteur. Cóntanos como as vacas tiveron unha importancia crucial á hora de conseguir este fito. 
Noa hoxe leunos un traballiño sobre como a varíola foi erradicada do mundo grazas en moi boa parte a 22 nen@s que 1803 partiron do porto da Coruña coa vacina da varíola introducida no seu corpo. Os doutores Balmis e Posse Roybanes tiveron tamén moito que ver, enfrontándose ás mentes incrédulas daqueles tempos. E agora ven a coincidencia... Estou lendo Los niños de la viruela de María Solar. No libro cóntase de xeito moi entretido e ameno toda esta historia. Moi recomendable!!!!!!!!
Así que vos animo a que busquedes información sobre este feito ou outros similares e que a compartades con nós. Nunca se sabe quizais nun futuro próximo poida que haxa máis fermosas coincidencias. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario