miércoles, 6 de octubre de 2021

MARTES

Hoxe comencei con el@s despois do recreo. Xa estamos a dar forma ás árbore do outono. 

Camila foi bibliotecaria. Tachou os libros que trouxeron, devolveu carnés e tomou nota dos que levaron para casa. Bo traballo!!! 




Mencía trouxo unha receita de magdalenas que copiamos moi ben, por certo. Xa estamos collendo ritmo de copia e traballo. Eu seguro que a fago este finde!!! Graciñas familia. A receita pon 200 gr de azucre. Probarei con 150...a ver que pasa... E sae ben con 100!!! Quizais sigan estando boas coa metade de azucre... E como facer un experimento!!! A miña hipótese é que si. Terei que comprobalo...jejeje...



En Mates houbo pouco tempo pero o suficiente para que Teo fose profe e xogásemos ao Bingo. 
Estivo moi emocionante e nos deu tempo ata que alguén cantou liña. Carmen D. Noraboa!!! Aproveitamos para repasar o anterior ou posterior a... que digan como sería no ábaco, que o deletren, se se escribe nunha palabra ou en máis... Non lles pregunto todo esto con cada número, claro. Sería moi lento. 

 



Xa vedes o exercicio de clasificación que fixemos para repasar o corpo humano. 
TAMÉN VIMOS A PRESENTACIÓN DOS VOLCÁNS QUE NOS COMPARTIU A NAI DE MARCOS. GRACIÑAS. SUPERINTERESANTE. HOXE CONTINUAREMOS CON ELA.


2 comentarios:

  1. Que ben Camila de bibliotecaria, gustalle moito esas cousas e así práctica a escritura 👏🏻, a ver si temos tempo e tamen facemos a receita 😋

    ResponderEliminar