miércoles, 8 de junio de 2022

MARTES E MÉRCORES. ROBÓTICA

Onte comezamos repasando que foi o mellor da excursión. Darlle o biberón aos tenreiros e a.comida aos animais foron as opcións elexidas. 

Fixemos os nosos primeros proxectos cós Legos. 
Cada grupo de mesa tiña unha tablet e unha caixa de pezas...
Había que seguir paso a paso... Collendo a peza exacta e poñela na posición correcta. 
Xa comezamos cun robot indicada para terceiro... Pero pudimos!!!!!

Aos poucos vamos completándoo.
Con moita atención hai que aprender a seguir as instrucións... Que importante para a vida o traballo en equipo!!!
Os equipos organizábanse sos. Algúns facían cada membro do equipo un paso... Outros tiñan tarefas específicas por persoa...

Conectamos a tablet e o robot por bluetooth...
Programamos as ordes... E funcionaron...!!!
Hoxe Nico foi profe e nos mandou facer unha simetría cuádruple. Fixemos problemas, repasamos as táboas de multiplicar...

Puxo uns reloxos e resolvimos problemas relacionados cós reloxos...
E de novo... Robótica!!! 
Primeiro fixemos un ventilador e despois un robot que se paraba cando detectaba un obxecto (neste caso unha planta). 

O muíño!!! As aspas!!!







As probas despois de programalo!!!!

 Éxito total!!!! Creo que teño algún vídeo!!!

2 comentarios:

  1. Agora entendo porque Camila esta semana volveu a xogar cos seus legos ☺️☺️, a robótica é o futuro.

    ResponderEliminar
  2. Pois eso din... Seguro que algúns deles traballan en algo relacionado coa robótica

    ResponderEliminar