viernes, 13 de marzo de 2020

NOTA INFORMATIVA

Queridas familias:
Estamos no  cole pensando como facer para enviarvos material de traballo para estas semanas, e decidindo cal vai  ser a canle  máis apropiada.
O luns podedes  vir a recoller os libros, e  esperamos ter decidido xa nese momento cal vai ser o plan de traballo.
Ata ese momento, queremos transmitir unha mensaxe de   calma e a recomendación de  tomar esta crise como un momento especial e difícil, pero do  que sempre poden sair cousas positivas.
Queremos mandarvos desde aquí    moito ánimo para todos.
Bicos e apertas virtuáis.
Edel, Jacobo e Pura

jueves, 12 de marzo de 2020

8 M DÍA DA MULLER. CELEBRÁMOLO HOXE

Os nenos e nenas maiores do colexio ( Equipo de Saudador@s) organizaron un día moi especial. Falaron de Igualdade, Inclusión, Visibilización,...  E dalgunhas das mulleres importantes da Historia da humanidade. Tamén nos animaron a bailar e cantar. Unha festa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aínda que se nos ve moi tranquiliños, bailar, bailamos,...

OLA FAMILIAS!

Ola familias!
Pois xa sabedes as novidades. A partir do luns non temos clase pero a Consellería recomeda que os rapaces xa non veñan mañá ao centro escolar. Trataremos que estos días teñades á vosa disposición actividades, enlaces de interese, imaxes ilustrativas, tarefas, resolver dúbidas,... para que os nenos e nenas que queiran/poidan teñan unha continuidade do traballo da escola. Todo o que fagades na casa terá unha valoración positiva, nunca negativa e será totalemte opcional. Pásadelle o aviso aos pais e nais de segundo A e B para que visiten o blogue a cotío. Será máis importante que nunca as vosas visitas e participación. Pero xa temos moito camiño andado. Moit@s de vós xa o facedes, así que vamos seguir traballando xuntos para superar esta pequena crise con éxito. 
Saúdos, bicos e grazas por adiantado. 

NON TEMOS CLASE DENDE O LUNS


https://www.google.com/amp/s/www.elidealgallego.com/articulo/galicia/xunta-suspende-clases-lunes/20200312131105431036.amp.html

martes, 10 de marzo de 2020

lunes, 9 de marzo de 2020

TAMÉN ESTA SEMANA TEREMOS UNHA PROBA DE LINGUA GALEGA. 2ºA E 2ºB

SÍLABA TÓNICA
PALABRAS CON B E V
XÉNERO E NÚMERO
MASCULINO E FEMININO
CHISTES. ESCRIBIR UN.


PODEN LEVAR O LIBRO PARA REPASAR.

LEMBRADE QUE MAÑÁN TEMOS AS FOTOS DE GRUPO DE 2ºA E 2ºB.

EDUCACIÓN VIARIA

O pasado xoves tivemos unha a


ctividad teórico práctica de educación viaria. Coñecimos algúns sinais de tráfico e como temos que actuar cando non somos peatóns.

A IMAXE DO DÍA