Queridas familias:
Estamos no cole pensando como facer para enviarvos material de traballo para estas semanas, e decidindo cal vai ser a canle máis apropiada.
O luns podedes vir a recoller os libros, e esperamos ter decidido xa nese momento cal vai ser o plan de traballo.
Ata ese momento, queremos transmitir unha mensaxe de calma e a recomendación de tomar esta crise como un momento especial e difícil, pero do que sempre poden sair cousas positivas.
Queremos mandarvos desde aquí moito ánimo para todos.
Bicos e apertas virtuáis.
Edel, Jacobo e Pura
viernes, 13 de marzo de 2020
jueves, 12 de marzo de 2020
8 M DÍA DA MULLER. CELEBRÁMOLO HOXE
Os nenos e nenas maiores do colexio ( Equipo de Saudador@s) organizaron un día moi especial. Falaron de Igualdade, Inclusión, Visibilización,... E dalgunhas das mulleres importantes da Historia da humanidade. Tamén nos animaron a bailar e cantar. Unha festa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aínda que se nos ve moi tranquiliños, bailar, bailamos,...OLA FAMILIAS!
Ola familias!
Pois xa sabedes as novidades. A partir do luns non temos clase pero a Consellería recomeda que os rapaces xa non veñan mañá ao centro escolar. Trataremos que estos días teñades á vosa disposición actividades, enlaces de interese, imaxes ilustrativas, tarefas, resolver dúbidas,... para que os nenos e nenas que queiran/poidan teñan unha continuidade do traballo da escola. Todo o que fagades na casa terá unha valoración positiva, nunca negativa e será totalemte opcional. Pásadelle o aviso aos pais e nais de segundo A e B para que visiten o blogue a cotío. Será máis importante que nunca as vosas visitas e participación. Pero xa temos moito camiño andado. Moit@s de vós xa o facedes, así que vamos seguir traballando xuntos para superar esta pequena crise con éxito.
Saúdos, bicos e grazas por adiantado.
martes, 10 de marzo de 2020
lunes, 9 de marzo de 2020
TAMÉN ESTA SEMANA TEREMOS UNHA PROBA DE LINGUA GALEGA. 2ºA E 2ºB
SÍLABA TÓNICA
PALABRAS CON B E V
XÉNERO E NÚMERO
MASCULINO E FEMININO
CHISTES. ESCRIBIR UN.
PODEN LEVAR O LIBRO PARA REPASAR.
PALABRAS CON B E V
XÉNERO E NÚMERO
MASCULINO E FEMININO
CHISTES. ESCRIBIR UN.
PODEN LEVAR O LIBRO PARA REPASAR.
EDUCACIÓN VIARIA
ctividad teórico práctica de educación viaria. Coñecimos algúns sinais de tráfico e como temos que actuar cando non somos peatóns.
domingo, 8 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






