miércoles, 27 de noviembre de 2019

ANTES DO EXAME DE CIENCIAS

Hoxe non houbo palabras con H en Lingua. FIxemos dúas oracións que tiveran "folio" e "sempre". Tamén fixemos dúas páxinas do libro. Xa o estamos a rematar. Os días que faltan nos dedicaremos a repasar. Suxeito e predicado, abecedario en galego, número de sílabas por palabra, diferenza entre frase e oración,... En pouco teremos unha proba de Lingua e outra de Lengua. Ide practicando lecturas e compresion  lectora. Por último xogamos coa pizarra pequena a adiviñar palabras. Elba foi unha das que deu pistas aos demais. O próximo día será Hugo o primeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario