lunes, 18 de noviembre de 2019

TRUCOS/ESTRATEXIAS PARA FACER MELLOR AS PROBAS QUE VEÑEN


ANTES DE COMEZAR, BOTARLLE UNHA VISIÓN XERAL Á PROBA. Para pensar e PLANIFICAR por onde empezar, que exercicio facer ao final,...

NUNCA DEIXAR UNHA PREGUNTA EN BRANCO. Se a contestamos teremos máis posibilidades de acertala. 

NON BLOQUEARSE NUN EXERCICIO. Se non o sabemos ou pensamos que nos costará moito tempo/esforzo, podemos deixalo para o final. Se nos sobra tempo.

DEIXAR TEMPO PARA REPASAR. Pode ser a diferenza entre unha nota regular e unha boa nota. Por exemplo en mates cando rematamos as sumas volver a facelas, tapando o resultado que xa puxemos e ir comprobando se coinciden. Se non coinciden haberá que facelo unha terceira vez. 

ÁS VECES HAI PISTAS NO PROPIO EXERCICIO OU NOUTRO ANTERIOR OU POSTERIOR. Hai que ser un pouco pill@ e saber sair das situacións que se nos plantexan.

Evidentemente todos estos consellos non son fáciles de levar á practica. O único xeito de conseguilo é enfrontarse a este tipo de situacións moitas veces e tomalo como un HÁBITO. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario