Agora máis que nunca Aula Virtual. Benvid@s de novo ao blogue que nestas datas vai ter moita relevancia.
Son moitas as preguntas que temos tod@s nas nosas cabezas. Seguro. Aquí estaremos en todo o tempo que dure esta situación tan atípica, os titores para apoiarvos/ axudarvos/ acompañarvos,... Vaia por delante os nosos correos de contacto:
Edelmiro. efer70@gmail.com
Pura. katangapura@gmail.com
Jacobo. jacoboperez1976@gmail.com
Servirán para contactar con vós de xeito máis personalizado. Para: que nos consultedes dúbidas, mandarvos exercicios/actividades de reforzo ou ampliación, que os nenos e nenas de 2º nos manden saúdos que os botaremos de menos, para que nos enviedes quen queira os traballos dos rapaces e así avalialos,... En definitiva, para que a distancia que nos separa non se note tanto e poidamos ter un contacto fluído, no posible.
Falando entre nós decidimos repartirnos as áreas/asignaturas pensando en que os dous cursos traballemos os mesmos contidos, non repitamos tarefas, ser máis áxiles na busca de información/actividades,...
Edelmiro. Ciencias.
Pura. Linguas.
Jacobo. Matemáticas.
Así que calqueira nena de 2º A poderá/deberá preguntarlle a Jacobo unha dúbida de matemáticas e calqueira neno de2ºB poderá/deberá preguntarlle a Pura unha dubida de Lingua.
A partir de mañá luns comezaremos a poñer xa as actividades, páxinas web, enlaces,... que atopamos que poden ser de interese para continuar o traballo que tiñamos nas aulas.
Bicos mil. Ánimo, forza a apertas para tod@s.
Collede impulso que comezamos...
segundomola.blogspot.com
segundomola.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario