-¿Pasó usted ya por casa?
Hoxe é un día especial, e por iso quero que fagades algo especial: hai unha iniciativa para enviar debuxos do arco da vella ao CIAV, que é o Centro de Interpretación da Torre de Hércules, é dicir, as persoas que reciben aos visitantes do faro máis antigo do mundo, pediron por redes sociais que fagades un debuxo do arco da vella porque queren ¨"empapelar" a torre de Hécules con eles.
Papá ou mamá o fotografiarán e hai que envialo a esta dirección : torredehercules@coruna.es
En 2º A falamos da lenda da torre a semana pasada, e ademáis está este poema de Manuel María , que a mín paréceme precioso, para que vos inspire neses debuxos:
O ARCO DA VELLA
O arco
da vella
no ceo
subido
co seu
colorín
co seu
colorido.
O arco
da vella
con sete
colores
que teñen, no ceo,
beleza de
flores.
O arco da
vella
no ceo
chantado
co seu
colorín,
co seu colorado.
O arco da vella
é un arco
triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
O arco da
vella
de luz
feito é.
¡Resulta un
milagre
que siga de pé!Mañá de novo con vosoutros, escribídeme ao e-mail, que me encanta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario