miércoles, 17 de junio de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día!
Esta é a última entrada deste curso. Hoxe traemos unha proposta
refrescante: “Chega o verán”. 
Ollo, esperade a que mellore un pouco o tempo!😅
Esperamos que gocedes con ela. 
Gustaríanos facer unha valoración global das actividades de Educación Física
e agradeceríamos que nos fixerades chegar a resposta a estas preguntas,
sendo 1 nada e 5 moito.  
A- As actividades foron adecuadas en función dos espazos dos que
dispós? 1  2  3  4  5
B- Resultáronche doadas as indicacións aportadas para a realización
das tarefas? 1  2  3  4  5
C- Resultáronche atractivas as actividades? 1  2  3  4  5
D- Precisaches axuda dun adulto para a preparación das tarefas? 1  2  3  4  5
E- Suxestións:
As vosas opinións son importantes para nós co fin de mellorar futuras propostas.
Podedes achegarnos as vosas respostas ao correo de EF: eftraballosdecasa@gmail.com Nesta ocasión non é preciso sinalar no asunto o nome e curso do alumnado.
Moitas grazas!

Unha aperta e feliz verán!

Lourdes e Edel.




No hay comentarios:

Publicar un comentario