lunes, 27 de septiembre de 2021

LUNS

 

Hoxe comezou o día coa asamblea en Lingua Galega. Xa houbo máis nen@s que se soltaron a falala. Agora me lembro de Hugo A. Carmen Mateo... Bravo rapaces!!! pero houbo algún máis. Falade na casa con el@s na nosa lingua que é ben fermosa. Despois cantamos e bailamos a canción de Pablo Díaz: Ecoloxista. A ver se se lembran dos xestos...  En Youtube tendes unha canle do autor e todas as súas cancións. Por último no libro repasamos os conceptos: Oración/frase.


En Mates comezamos con Quinzet. Aquí tendes os problemas dedesta semana por se os queredes repasar. Máis tarde Antón como profe nos mandou poñerlle as agullas a dúas horas que se lle ocorreu. Na libreta tamén fixemos dúas series e continuamos a facer sumas levando. 


No momento lector Teo exerceu de bibliotecario e tachou os libros que trouxeron os compañeiros da casa e devolveulles o carné. Xa estamos case todos listos para levar outro!! 

En Ciencias comezamos a preparar o mural do outono. Faremos unha folla cada un decorada. Hoxe fixemos o prototipo en folio. O venres en plástica farémola en cartón para poñer no corredor do cole. Tamén estudamos algúns ósos do corpo. Xa levamos as articulacións e os ósos. Faltan os músculos. 



En Lengua Castellana continuamos con la asamblea y jugamos a las palabras encadenadas.
Mañana más y mejor...??? 

2 comentarios:

  1. Buscaremos o canle en youtube de Pablo Díaz, a Camila gustalle moito. Moito traballades 👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar