martes, 28 de septiembre de 2021

MARTES

Hoxe comezamos o día repasando a ruleta insistindo nas normas que teñen que ver coas maiúsculas. Porque unha cousa é saber a norma e outra saber aplicala. Ten que era cós obxectivos e competencias que algo falaremos mañá deste tema... Fixemos un ditado de algunhas palabras. Algunhas onde tiñan que comezar con maiúsculas e outras non. Aprendimos e debuxamos un castiñeiro, ou ourizo e unha castaña. Temos que saber máis sobre os alimentos e costumes propios destas datas. Mañá verémolos no bosque do cole. Finalmente traballamos algo no libro. 

En Ciencias repasamos parte do tema 1: difereenza entre auga doce e salgada, estados da mesma, usos que podemos darlle, importancia da contaminación, ... Estamos cantando a canción Ecoloxista entre outros motivos para que entendan a importancia de non empregar os nosos, ríos, rías... que son nos@s... E se botamos lixo ahí, estamos facéndoo na nosa casa. Tamén vimos hoxe ás diferentes partes dun río: curso alto, medio e baixo. E debuxamos na libreta un exemplo 
En Mates traballamos có ábaco, Ada como profe nos propuxo unha para poñer nun reloxo, tamén ordenamos uns números de maior a menor e fixemos algún exercicio no libriño. 

Mañá faremos unhas tarefas en equipo, fóra da aula, se a meteo o permite, de Lengua para repasar os conceptos de oración e frase e de Ciencias para ver in situ un castiñeiro, ourizo, folla de castiñeiro, castaña,... landra, carballo,... 

 

4 comentarios: