martes, 9 de noviembre de 2021

MARTES

Comezamos o día repasando os exames... Qué nos saíu ben e mal... Por exemplo separar en sílabas saíu moi ben. O ditado e ordear alfabéticamente regular. Despois fixemos un ditado para repasalo... E unhas preguntas de comprensión oral. 

No recreo houbo un xogo que lles chamou a atención... 

Máis tarde Hugo foi bibliotecario e tachou os que xa devolveran, repartiu carnés e tomou nota dos que colleron.

En Ciencias continuamos có tema do aire, o mapa do tempo, o compás... Mañá teñen que traer un para facer unha actividade fóra. 

En Mates continuamos a facer cálculo mental, aproximamos á decena máis próxima, ordeamos de menor a maior... 

Carmen S. foi profe e nos correxiu moi ben. 
Tamén traballamos no libriño. 

 

2 comentarios:

  1. Cómo mola ese juego de construcciones!!!!, también se puede hacer con plasti y palillos, para hacer construcciones imposibles....¿o no?...todo se andará

    ResponderEliminar