martes, 16 de noviembre de 2021

MARTES



Comezamos o día repasando as normas de ortografía coa Ruleta ortográfica, despois fixemos un pequeno ditado e traballamos en equipos cós Bolechas pola igualdade: 25N.


O texto azul foi o ditado. Despois uniron xoguetes a un nenos e unha nena. Por último recortaron unhas cabezas dos Bolechas para poñelas nunhas profesións. A teoría é moi simxela pero a práctica... Nenos con nenos e nenas con nenas... O día a día é máis difícil: xeitos de falar, traballo na casa e fóra, boas palabras, cores asociadas a uns e a outros... 



En Ciencias Sociais continuamos có libro. Os tres R. Cal é o máis importante?? Vánvolo preguntar en casa?? Por que??? 
Hoxe non estaba moi claro... A ver mañá... 

Baixamos ao patio por grupos cós compases a orientarnos... En pouco faremos unha gincana... 
En Mate Mencía foi profe. Púxonos números para poñer outros. Como os que están no libriño e dous reloxos. 


Seguimos coas restas levando... Farei un vídeo para saber como farán/facemos na clase para facer igual na casa... 

 

4 comentarios:

  1. La teoría se la saben y con la práctica lo conseguirán.;)
    "No hay nada más poderoso que una idea a la que le ha llegado su tiempo"

    ResponderEliminar
  2. Claro que sí... A sembrar...!!!💪💪💪

    ResponderEliminar
  3. Camila perguntounos o das 3 R, creo que nos dou o visto bo (reducir, despois reutilizar e por último reciclar)☺️

    ResponderEliminar