lunes, 20 de diciembre de 2021

LUNS

Colgamos na árbore do cole os abetos que faltaban. 
En Mate fomos rematando o libriño e tamén houbo tempo para descansar. 

En Lingua fixemos asamblea e tamén rematamos o libro. 
Despois do recreo escribimos o conto para David Pintor que creou Ada de gorilas e Gotzilas... Menuda lea!!! Eu xa non sei se Gotzila era un gorila ou un monstro que se chamaba gorila,... ou... Jejeje... Quedoulles moi ben... Xa van dominando o tema das maiúsculas, borrar, espazo, poñer un interrogante, ou os dous... o til,...

Máis tarde regaleilles un pequeno agasallo en forma de pulseira. Tamén quedan para@s que non viñeron, cortamos a grinalda de Nico para que cada un tivese a súa bota. Como para o ano xa non estaremos xuntos... Que a leven... para adornar as vosas árbores... Houbo máis pirámides alimenticias que expoñerán mañá.
Continuamos con robótica alimentaria...
Construímos unha pirámide de papel branco e puxemos os alimentos que fomos capaces de alcanzar có robot... Poñerei vídeo. 

Mañá nos falta encuadernar os traballiños do trimestre para levalos para casa, ver un USB de Marcos, expoñer as pirámides que faltan, rematar a de papel branco e... festa...algunha foto haberá... Comer os flocos de millo e pedir algún desexo... 

 

2 comentarios: