martes, 21 de diciembre de 2021

ÚLTIMO DÍA

Comezamos o día comprobando como vai a pitiña Pepa na casa de Marcos. E medra que da gusto!!!
Continuamos a expoñer as pirámides alimenticias que faltaban: Carmen, Ada, Antón,...

Xenial tod@s!!!! 
Veu o paxe real!!!!

No recreo tomamos os flocos de millo o ritmo das badaladas!!!!
Encadernamos as fichas do trimestre, levaron o boneco de Papá Noel, sorteamos os bombóns do calendario de advento, ... Sacamos a foto do fin de trimestre... 
Camila e Mencía tamén nos amosaron a súa pirámide. Pregunteilles a tod@s varias cuestións referente a vida saudable...

As marcas da evaporación da auga de sal que trouxéchedes... Mirade cantas marcas xa fixemos... Quizais á volta das vacacións teremos sal??? 
Continuamos a facer a nosa pirámide alimenticia có robot. 


Se acertaban a programación do robot podían poñer a foto do alimento na pirámide. 

 E así nos quedou!!!!
Boas festas!!!!

2 comentarios: