martes, 11 de enero de 2022

MARTES



En Lingua comezamos coa participación en asamblea da xente que non participou onte ou das que querían aportar algo máis. Máis tarde repasamos as normas de ortografía da Ruleta Ortográfica. Despois fixemos un Ditado sacado do novo libro de Lingua. Por se queredes practicar... Nun ditado temos que fixarnos en DOUS PROCESOS: O deletreo e contar o número de palabras dunha oración. Facer ditados non é moi divertido pero si podedes deletrear moitas palabras mentras ledes con el@s. Tamén é interesante que lles preguntedes cantas palabras ten tal ou cal oración. Tamén podedes facelo no momento lector. O ditado o autocorrexiron e me foron deletreando entre tod@s cada palabra. Comezamos o tema novo do libro tendo como tema da lectura as vacinas. Que apropiado!!!! Repasamos o que xa vimos o ano pasado e ...falamos do tema do Covid, PCR, test de antígenos, contaxios... Que importante é falar entre tod@s de diferentes temas... 

No recreo poideron ir á biblioteca e coller outro libro e poñer o selo correspondente no seu carné. cambiamos de zona: Zona 6: Parque de xogos, randeeiras,... Na nosa bolsa do patio teñen balón... Así partido que fixeron...
En Ciencias Sociais comezamos o Tema 3. As diferentes paisaxes. Neste segundo trimestre aprenderemos aos poucos a estudar/facer esquemas. Hoxe fixemos o primeiro. E un repaso do curso pasado pero faremos fincapé en certos contidos para que non os esquezan...

En Mates estamos repasando estos días los contenidos del primer trimestre. Florente nos puso una simetría y después repasamos sumas y restas ( ayer les salió bien a 6 personas. Hoy a 8. Vamos mejorando), ordenar de menor a mayor, escribir con letra 4 números,...

 

4 comentarios:

  1. Empezáis con e energía!! A por este trimestre largo, que después el tercero se queda en 2 meses.

    ResponderEliminar
  2. Camila tiña que poñer a vacuna o dia seguinte, e ca túa explicación entendeuno perfectamente, bravo!!!

    ResponderEliminar