martes, 25 de enero de 2022

MARTES

Hoxe en Lingua pregunteilles cal foi o mellor día da súa vida... As respostas foron como é lóxico moi variadas: O día que naceran, unhas vacacións, o primeiro día que foron a un Burguer King,... Despois fixemos un ditado que preparamos antes e avanzamos no libro. Aprendimos que as oracións poden ter un sentido literal ou figurado. Para mañá faremos un concurso de ... teñen que traelo preparado/s... A ver se se lembran...
En Ciencias Sociais continuamos avanzando no libro coas paisaxes de chaira. Características principais. E como onte fomos na clase de Naturais a informática, recuperamos repasando os esquemas que teñen no sobre de plástico de animais vertebrados e invertebrados (por se queredes repasalos). Tamén xogamos con Yinn... pero despistámolo porque dixemos que os canguros tiñan pezuñas ou que os falcóns, dentes,... Acertou o elefante. 
En Mates comezamos un novo libro de Problemas onde teñen que facer 1, 2 ou 3 operacións para resolver o problema. O truco é que non teñen que ver o problema coma un todo. Coma unha serie de oracións e moitos datos.... Pola contra, o mellor é que vaian entendendo cada oración e vaian facendo a operación que corresponda. E así ata chegar ao final. Ao resultado final. 



 No final da xornada estivemos a organizar o arquivador poñendo as fichas/traballos por áreas nuns encadernadores de plástico. Aínda non rematamos. Farémolo mañá!


NON HAI NADA COMO POÑER ALGO DE ORDE NA NOSA VIDA!
AXUDARÁ A CENTRARNOS NAS TAREFAS. 

2 comentarios:

  1. Justo estábamos jugando al pin pon, Dani y yo, a quién le cae la pelota tiene que decir las características del animal que el otro diga.
    Y preparado también para el concurso de mañana 😅

    ResponderEliminar