lunes, 4 de abril de 2022

LUNS

Comezamos coma sempre... Con Mates. Traballamos no libriño fotocopiado con dous problemas, no libriño 2.3 con dous exercicios... E despois puxémonos coa libreta. Fixemos o exercicio de poñer un número nunha cuadrícula e ir facendo cálculos para poñer outros maiores ou menores que o primeiro. Hai que seguir practicando...
Ada púxonos dez números para ordear de menor a maior. 
En Lingua cantamos e xesticulamos a canción de Pakolas: primavera dos tempos. Incorporamos os xestos da linguaxe de signos que nos dixo Marcos que lle dixera a súa nai. Despois outros xa son da nosa colleita...
Traballamos no libro coas palabras que levan ll ou i e por último asamblea. 
Despois do recreo limos de xeito compartido un libro moi interesante que trouxo Ada. Falta de diferentes mulleres pioneiras en diferentes ámbitos. Hoxe tocou escoitar que peripecias tiveron que facer dúas mulleres a principios do século XX para casar, fuxir, volver a fuxir e... A ver se volo contan...
En ciencias naturais continuamos co Lapbook das plantas...

Bo traballo!!


Hoxe tivemos dúas profes. Leire nos ensinou a debuxar unha flor. Perfecto....

En Lengua representamos a obra tres veces. Unha vez cada grupo. Xa ensaiamos no escenario con o lago xeado de decorado... Mañá con caretas. E o outra parte do decorado se a rematan... Intentaremos conseguir máis micros... E incluso poida que a representemos a outros cursos...  

Moi ben Noa!!! Case conxelada no lago. 

 

2 comentarios:

  1. Como está tomando forma esa obra 👏🏻👏🏻👏🏻, e todo feito por eles, moito mérito 👏🏻👏🏻. Nos nós temos micros a ver si tedes para todos e si non ensaiaremos en voz alta para que se oia ☺️

    ResponderEliminar
  2. Xenial!!! Graciñas!!! Seguro que poden con todo!!!

    ResponderEliminar