martes, 26 de abril de 2022

LUNS

Hoxe comezamos resolvendo dous problemas do libriño de fotocopias. Está no sobre de plástico. Quen queira pode repetir os que xa fixemos ou facer uns parecidos... con outros números/datos. Despois no libriño 2.3 repasamos sumas e restas levando e aproximacións a centenas. Esto hai que repasalo algo. Tamén con aproximacións á decena máis próxima. Fixemos competición de ábaco e Camila conseguíu o seu terceiro punto e gañoume!!!!!!!!
En Lingua fixemos unhas fichas dos libros que eleximos para unha actividade do Equipo de Biblioteca: Bookflix. E despois fixemos unha miniasamblea. Nos deu para máis... 
Continuamos a comprobar o nivel lector de cada un e en Ciencias Naturais escribimos nun folio o esquema do tema 5. :Materia, forza e son... Aquí faremos moitos experimentos... Sen ir máis lonxe, no patio aprendimos as direccións das forzas, o concepto da forza de rozamento,... 

Equilibrios... Subir a rampla apoiándonos nas barras que sobresaen un pouco do resto, sen elas... Sen apoiarse na corda... Sen apoiarse na corda nin nas mans. Conseguírono!!! Campións e campioas!!!

En Valores seguimos a ver algún fragmento da peli Encanto. É ben fermosa!!! E sacándolle o zume as diferentes escenas: Non hai que ser perfect@, hai que falar dun problema antes de que sexa moi grande, ás veces as persoas máis importantes non son as que sobresaen de primeiras,... 

 


4 comentarios:

  1. Que frase tan boa “as veces as persoas mais importantes non son as que sobresaen as primeiras” 👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que certa é.... Todos temos algo especial...

      Eliminar
  2. Por certo Camila veu contentiiisima de que che gañara o ábaco e tamen do premio, de que vai ser profe 3 días seguidos , encantalle selo☺️

    ResponderEliminar