lunes, 16 de marzo de 2020

INGLÉS

La profe de inglés, Natalia, nos envía esta recomendación para 2º:
Repasar los números hasta el 100 oral y escrito.Y disfrutar de vídeos y películas en inglés.

NOTA INFORMATIVA. LINGUAS.

Bo día a todxs!
Se fose uns luns coma todos, entraría na aula e vos diría....

Hola don Pepito...!!
Pero este  non é un luns calquera , e temos que aclarar moitas cousas .Imos comezar:
A PRIMEIRA: Non estamos de vacacións, pero os coles están pechados.
A SEGUNDA: Non imos adiantar materia, porque o curso e as actividades educativas están suspendidas.
A TERCEIRA: O material e as actividades que anotemos no blog e na aula virtual son orientativas, non obligatorias.
Estes días tan especiáis,  os profes queremos ser unha axuda para as familias, e dar a posibilidade de realizar na casa unha serie de tarefas que axuden a manter a rutina, pero esta rutina non ten que ser moi estricta.

Antes de comezar a mandarvos actividades específicas, eu vos diría que...

1. Comecedes un libro, e si ese non vos gusta, collades outro, e outro... cada un de nos ten que encontrar o que de verdade lle guste, pero eso leva tempo. E agora xusto temos moito tempo... 
2. Escribades un diario: nunha libreta das que hai pola casa, anotar unhas poucas liñas todos os días, eu o estou facendo tamén, me axuda a ordenar os pensamentos.
3. Facede pausas para estar xuntos, coa vosa familia. Falade moito cos que tedes arredor, contar cómo estades, expresar os vosos sentimentos e emocións...
(tampouco vai ser grave que vexades a tele máis do habitual... pero ollo, as pantallas non deben ocupar toooodo o tempo).
Bueeeeno, vaia rollo que vos calcei...eu para hoxe vos propoño estas actividades concretas:

PARA L.G.
Exercicio 1º.
1. Anota o abecedario en galego en forma de listaxe, é dicir , en vertical.
2. Busca dous  nomes ou substantivos que comecen por cada letra e anótaas ao lado da letra.Poden ser de obxectos que teñas arredor.Valen nomes propios tamén, pero recorda como tes que escribilos.
Exercicio 2º.
1.Relata ,en galego , algunha cousa interesante dete fin de semana pasado, como se estivéramos na aula.Se viches algunha peli que te gustara, recoméndaa e ponlle unha valoración do un ao dez.
PARA L.C.
 1.-Mira este enlace, es un vídeo de la biblioteca Ágora de A Coruña.
http://www.tiching.com/769518
2.-Responde a estas preguntas en una libreta o folio:
-¿Qué se ve en las imágenes?¿hay muchos libros? ¿es más grande o más pequeña que la biblioteca de nuestro cole?
-¿Qué más actividades se pueden hacer en la biblioteca aparte de coger libros o leerlo allí? ¿Qué actividades ves que se hacen en este vídeo?

Ata mañá.

domingo, 15 de marzo de 2020

BENVID@S Á AULA VIRTUAL.




Agora máis que nunca Aula Virtual. Benvid@s de novo ao blogue que nestas datas vai ter moita relevancia. 
Son moitas as preguntas que temos tod@s nas nosas cabezas. Seguro. Aquí estaremos en todo o tempo que dure esta situación tan atípica, os titores para apoiarvos/ axudarvos/ acompañarvos,... Vaia por delante os nosos correos de contacto:

 Edelmiro.             efer70@gmail.com

Pura.                      katangapura@gmail.com

Jacobo.                  jacoboperez1976@gmail.com

Servirán para contactar con vós de xeito máis personalizado. Para: que nos consultedes dúbidas,  mandarvos exercicios/actividades de reforzo ou ampliación,  que os nenos e nenas de 2º nos manden saúdos que os botaremos de menos,  para que nos enviedes quen queira os traballos dos rapaces e así avalialos,... En definitiva, para que a distancia que nos separa non se note tanto e poidamos ter un contacto fluído, no posible. 
Falando entre nós decidimos repartirnos as áreas/asignaturas pensando en que os dous cursos traballemos os mesmos contidos, non repitamos tarefas, ser máis áxiles na busca de información/actividades,...

Edelmiro.              Ciencias.

Pura.                      Linguas.

Jacobo.                  Matemáticas. 

Así que calqueira nena de 2º A poderá/deberá preguntarlle a Jacobo unha dúbida de matemáticas e calqueira neno de2ºB poderá/deberá preguntarlle a Pura unha dubida de Lingua. 
A partir de mañá luns comezaremos a poñer xa as actividades, páxinas web, enlaces,... que atopamos que poden ser de interese para continuar o traballo que tiñamos nas aulas. 


Bicos mil. Ánimo, forza a apertas para tod@s. 

Collede impulso que comezamos...


segundomola.blogspot.com 

viernes, 13 de marzo de 2020

NOTA INFORMATIVA

Queridas familias:
Estamos no  cole pensando como facer para enviarvos material de traballo para estas semanas, e decidindo cal vai  ser a canle  máis apropiada.
O luns podedes  vir a recoller os libros, e  esperamos ter decidido xa nese momento cal vai ser o plan de traballo.
Ata ese momento, queremos transmitir unha mensaxe de   calma e a recomendación de  tomar esta crise como un momento especial e difícil, pero do  que sempre poden sair cousas positivas.
Queremos mandarvos desde aquí    moito ánimo para todos.
Bicos e apertas virtuáis.
Edel, Jacobo e Pura

jueves, 12 de marzo de 2020

8 M DÍA DA MULLER. CELEBRÁMOLO HOXE

Os nenos e nenas maiores do colexio ( Equipo de Saudador@s) organizaron un día moi especial. Falaron de Igualdade, Inclusión, Visibilización,...  E dalgunhas das mulleres importantes da Historia da humanidade. Tamén nos animaron a bailar e cantar. Unha festa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aínda que se nos ve moi tranquiliños, bailar, bailamos,...

OLA FAMILIAS!

Ola familias!
Pois xa sabedes as novidades. A partir do luns non temos clase pero a Consellería recomeda que os rapaces xa non veñan mañá ao centro escolar. Trataremos que estos días teñades á vosa disposición actividades, enlaces de interese, imaxes ilustrativas, tarefas, resolver dúbidas,... para que os nenos e nenas que queiran/poidan teñan unha continuidade do traballo da escola. Todo o que fagades na casa terá unha valoración positiva, nunca negativa e será totalemte opcional. Pásadelle o aviso aos pais e nais de segundo A e B para que visiten o blogue a cotío. Será máis importante que nunca as vosas visitas e participación. Pero xa temos moito camiño andado. Moit@s de vós xa o facedes, así que vamos seguir traballando xuntos para superar esta pequena crise con éxito. 
Saúdos, bicos e grazas por adiantado. 

NON TEMOS CLASE DENDE O LUNS


https://www.google.com/amp/s/www.elidealgallego.com/articulo/galicia/xunta-suspende-clases-lunes/20200312131105431036.amp.html

martes, 10 de marzo de 2020

lunes, 9 de marzo de 2020

TAMÉN ESTA SEMANA TEREMOS UNHA PROBA DE LINGUA GALEGA. 2ºA E 2ºB

SÍLABA TÓNICA
PALABRAS CON B E V
XÉNERO E NÚMERO
MASCULINO E FEMININO
CHISTES. ESCRIBIR UN.


PODEN LEVAR O LIBRO PARA REPASAR.

LEMBRADE QUE MAÑÁN TEMOS AS FOTOS DE GRUPO DE 2ºA E 2ºB.