Comezamos o día cunha compañeira nova que veu do Brasil: Sofi. Creo que a acollida foi boa. Nestes días seguro que nos conta máis cousas do seu país e da súa familia.
Despois fomos ao pavillón. Un profesor da escola de danza a través de varios xogos ensinounos algunha posición básica da súa especialidade.
Estirando...!!!Que ben o pasamos!!!!
A segunda hora fixemos asamblea. Cada vez mellor en galego!!!
Aniversarios, partidos, pistas de xeo, pelis, restaurantes,...
Máis tarde traballamos no libro e aprendimos un contido importante: os adxectivos!!! Parece que o asimilaron bastante ben!!! Pero haberá que repasalo moooooitas veces!!!
Sofi trouxo un caderno de debuxo e a axudaron a pintalo.Xogando e axudándose na slackline. Sofi tamén anda no medio delas.
Marcos tiña razón. Existen outras versións da historia de Hércules. Hoxe descubrimos a un novo Xerión. En lectura compartida limos este libro que mañá o remataremos se o trae de novo.
E... a supermegahiper actividade de hoxe. Javier o pai de Carmen falounos dende Ecuador... E contounos mil cousas sobre mariñeiros. E sobre o seu barco. Canto mide, a que velocidade pode ir, como cociñan sen que se lles caían as potas, como planifican as despensas, canto tempo poden estar sen tocar terra, como foi o rescate dos náufragos de Nova Zelandia,... Bufff que emocionante. Mil graciñas!!!
Bea axudounos a anotar o que nos decía e Araceli brindounos a súa experiencia tecnolóxica para que todo esto fose posible. Graciñas.
Na foto hai algúns datos da entrevista e dos exemplos que puxemos dos adxectivos.
Antón contounos como se xoga ao Mikado e houbo asamblea de Lengua. Rematamos case tod@s os peixes e pouco máis se pode dicir... Mañá máis pero difícilmente mellor.
P.D. Na asamblea de Lengua a verdade é que non escoitaron ben aos seus compañeiros... Hai que aprender a esperar, a escoitar e respectar... Como nos gusta que nos escoiten!!!