lunes, 21 de febrero de 2022

MENUDO DÍA!!!!

Comezamos o día cunha compañeira nova que veu do Brasil: Sofi.  Creo que a acollida foi boa. Nestes días seguro que nos conta máis cousas do seu país e da súa familia. 
Despois fomos ao pavillón. Un profesor da escola de danza a través de varios xogos ensinounos algunha posición básica da súa especialidade. 
Estirando...!!!

Que ben o pasamos!!!! 





A segunda hora fixemos asamblea. Cada vez mellor en galego!!!
Aniversarios, partidos, pistas de xeo, pelis, restaurantes,... 
Máis tarde traballamos no libro e aprendimos un contido importante: os adxectivos!!! Parece que o asimilaron bastante ben!!! Pero haberá que repasalo moooooitas veces!!! 
Sofi trouxo un caderno de debuxo e a axudaron a pintalo.
Xogando e axudándose na slackline. Sofi tamén anda no medio delas. 
Marcos tiña razón. Existen outras versións da historia de Hércules. Hoxe descubrimos a un novo Xerión. En lectura compartida limos este libro que mañá o remataremos se o trae de novo. 
E... a supermegahiper actividade de hoxe. Javier o pai de Carmen falounos dende Ecuador... E contounos mil cousas sobre mariñeiros. E sobre o seu barco. Canto mide, a que velocidade pode ir, como cociñan sen que se lles caían as potas, como planifican as despensas, canto tempo poden estar sen tocar terra, como foi o rescate dos náufragos de Nova Zelandia,... Bufff que emocionante. Mil graciñas!!!


Bea axudounos a anotar o que nos decía e Araceli brindounos a súa experiencia tecnolóxica para que todo esto fose posible. Graciñas. 
Na foto hai algúns datos da entrevista e dos exemplos que puxemos dos adxectivos. 
Antón contounos como se xoga ao Mikado e houbo asamblea de Lengua. Rematamos case tod@s os peixes e pouco máis se pode dicir... Mañá máis pero difícilmente mellor.

P.D. Na asamblea de Lengua a verdade é que non escoitaron ben aos seus compañeiros... Hai que aprender a esperar, a escoitar e respectar... Como nos gusta que nos escoiten!!! 

 

10 comentarios:

  1. Vaia día!!!
    Madre mía cantas actividades!!!
    Bravo!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Qué emocionante! Dani vino encantado con Javi, como siempre genial. Con su madrugón incluido. Graciassss!!

    ResponderEliminar
  3. Camila tamen comentou a videoconferencia con Javi, e contounos todos os detalles, e tamen de Sofi a nova compañeira que viña de Brasil, e xa me parecía moitas experiencias, pero polo que vexo non foi todo, así que é difícil de superar este dia 👏🏻👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiiii, danza, nova compi e conversa cun capitán dun barco atuneiro xigante!!! Menuda semana!!!

      Eliminar
  4. Que día más completo!!!! Cómo mola!!!

    ResponderEliminar
  5. Carmen llegó a casa toda contenta de que sus compis vieran el trabajo de su Papi…que ORGULLOSAS estamos de él….

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por supuestísimo!!! Unos héroes en los tiempos que corren. Él viernes la disfrazamos por ellos. Con ellos y de ellos. Forza!!!

      Eliminar