miércoles, 23 de febrero de 2022

MARTES E MÉRCORES

Algúns apuntes de onte e hoxe. Comezamos a cantar e bailar a canción das Chanchungueiras do Luis Seoane. A dos oficios. Copiamos os oficios que cantamos. 
Estamos a seguir có conto que nos trouxo Marcos da historia da Torre de Hércules. 


Practicamos algúns problemas que nos atoparemos en terceiro de primaria. A CLAVE: Entender o proceso para resolver dúas ou máis operacións seguidas. Moitas veces xa o saben de forma intuitiva. Hai que trasladado cando teñen que lelo, comprendelo e resolvelo. 
Teo púxonos unha serie para resolver...
Hoxe no día de Rosalía escoitamos a canción de Negra Sombra de Luz Casal dos premios Goya desde ano. Impresionante. A verdade. Florente deuse conta de que a xente que aparecía na actuación, falecera... Démoslle a importancia que ten esta poetisa na historia de Galicia. Haberá máis días de Rosalía en 2°A. 
Fixemos uns debuxos ben chulos!!!



Están a confeccionar un mandís ben mariñeiros!!! A ver como quedan!!
Mateo B. púxonos números para resolver o anterior e o posterior. 

Aquí tendes a proba que lles fixen hoxe. Polo que vin ata agora, non saíu mal pero hai algún que terá que levalo a casa para repetir. 
Tamén hoxe tocou zafarrancho de limpeza. A nosa zona do patio estaba ben porca!!! É a nosa responsabilidade mantela limpa. 
A verdade é que fixérono de 10!!!


Dúas bolsas grandes cheas de lixo sacaron coas luvas que lles din. 
Continuamos có libro de Marcos...
Supercomcentrad@s no exame!!!


 Na horta con Pedro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario