martes, 15 de febrero de 2022

MARTES. MUSEO OS OLEIROS.

Hoxe comezamos cun ditado... E xa estivemos TOD@S despois de dous meses e medio. Aplaudimos e todo! 
Comezamos o tema 7 do libro. Limos a lectura inicial de xeito compartido. 
O cole xa se está a poñer de Entroido!!!!!!!!!!!!!
Máis tarde fomos ao museo dos Oleiros en Santa Cruz. Coñecimos moitos usos que se lle pode dar a arxila. 



Cuncas, vasos, pratos,...
Xerras, 
Outros que axudaban a barbear coma o de Don Quijote... Éste era de metal... Que axudaban a dar a luz... Foto superior... 
As famosas tellas, ladrillos e cabezas de bonecas que saíron da telleira de Mera... 
Tartarugas como algunha que fixemos en clase...
Ata unha gaiola para grilos... 
Despois Dani foi profe e nos puxo tres exercicios. Antes fixemos dous problemas. 
En Ciencias Sociais rematamos o tema da paisaxe. Repasamos o esquema e fixemos as actividades de repaso. 
Un bo día de bo comportamento!!!


 

4 comentarios: