Hoxe comezamos o día facendo un traballiño en equipo sobre Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Puxemos os nomes e os apelidos con letras dobres para poñer no corredor. Cando algúns se puxeron a traballar os catro o resultado viuse rápido e ven feito.
E houbo moitos momentos en que a máquina engraxouse como debe. Catro mentes pensantes e catro mans para avanzar...
Despois vimos un vídeo sorpresa dos pais de Dani que lle fixeron polo seu aniversario.
Fixemos a proba de Lengua. Ahí a tedes por se a queredes comentar en casa. Tamén fixemos uns retratos de Florencio que tamén poñeremos no corredor. Saíron moi xeitosos. Para a próxima semana faremos un BUSCAPISTAS sobre este autor para que lles queden catro pinceladas sobre a súa vida. El@s aínda non o saben... E como lles gusta tanto...
Mañá escribiremos parte da súa biografía para que a aprendan e lles poida saír ben o xogo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario