O venres fixemos cálculo mental na pizarra, traballamos no libriño fotocopiado e no 2.3 . Despois Nico púxonos traballiño.
Despois do recreo fixemos ao ditado a biografía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. E levaron para casa a tarefa de estudiala. Esta semana faremos un BUSCAPISTAS para aprendela ben. Continuamos a cantar o rock da roda rota porque mañá martes posiblemente vaiamos a infantil a ensinarlles a coreo...
En Valores visionados secuencias da peli Red. Tamén se lle pode sacar moita chicha para falar con el@s. Superdivertida.
En plástica continuamos có traballiño de papel maché.
No hay comentarios:
Publicar un comentario