jueves, 26 de mayo de 2022

XOVES

Comezámolo día vendo o vídeo e as fotos do concerto. 
Marcos nos contou cal é o traballo máis fermoso do mundo para el. Moi ben Marcos!!!!
Despois escribiron na axenda unha petición que nos fixo Pedro, o monitor da horta: tres obxectos vellos para o grupo 1 e outros tres para o grupo 2. Non é necesario traer 10 camisetas... Imos facer un espantallo!!!! Se vos poñedes dacordo entre vós... Imaxino que con poucas serán suficientes... Preguntareille!!!
En Mate fixemos problemas do libriño fotocopiado, 
Fixemos competición de ábaco. Gañou Florente. Noraboa!!! E Antón finalista co cal gañou o terceiro punto e enfrontouse contra mín!!! E gañou supernoraboa!!!!! E finalmente Carmen nos puxo unha simetría moi difícil triple!!!
Despois do recreo resolvimos preguntas sobre unha lectura e fixemos unhas probas dun cadro de Luis Seoane que mañá faremos a maior tamaño para o día 1 de xuño... Baixaremos a Mera para celebralo cunha exposición de arte!!!

Traballo en equipo!!! Por parellas!!!





Algún resultado!!! Mañá máis!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario