jueves, 21 de mayo de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Olaaa!!!

Todos sabemos respirar, pero, facémolo ben?
A resposta é que non o facemos todo o ben que poderiamos. Resulta que non aproveitamos toda a capacidade dos nosos pulmóns e respiramos moi rápido.

Ademais das tarefas que vos deixo máis abaixo, propóñovos que todas as mañás ao levantarvos, fagades a seguinte actividade.
O xogo da serpe:

  1. Sentámonos coas costas ben rectas, poñemos as mans no abdome e pechamos os ollos.
  2. Collemos aire polo nariz durante 4 segundos (moi despaciño contade ata 4 mentalmente) e notamos como vai inchando o abdome.
  3. Despois deixamos sair o aire lentamente mentras facemos o son da serpe.
  4. Facémolo varias veces ata que sintamos que estamos ben relaxados.
Recordades que sempre vos dicimos o importante que é estar atentos e concentrados en moitas tarefas, pois con esta actividade conseguiredes mellorar a vosa capacidade de atención e concentración e ademáis estaredes máis relaxados. Xa me contaredes que tal vos foi.

E aquí as tarefas de hoxe:

Veña, ánimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario